GALICIA REGRESA DE SORIA CON DOCE MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLAR E FEDERATIVO DE PÉNTATLON DE CATEGORÍAS MENORES

14 de Xuño de 2015

Galicia acadou en Soria un total de doce medallas nos Campionatos de España de Péntatlon Moderno de categorías menores (benxamín, alevín, infantil e cadete) escolar e federativo.

 

IMG-20150614-WA0016No torneo escolar, que se celebrou o sábado, só se disputaron as probas de natación e atletismo. Neste campionato as e os deportistas galegos conseguiron un total de 6 medallas (4 ouros, 1 prata e 1 bronce). O benxamín Iván Rego logrou a medalla de ouro, igual que a alevín Claudia Gámez. Na categoría infantil masculina houbo podio completamente galego: Martín Cando logrou a primeira posición, a prata foi para Martín Freije e o bronce para Martín Pardo. Ademais, na categoría infantil feminina, ouro para Andrea Vidal.

 

Hoxe domingo celebrouse o Campionato de España de Péntatlon Moderno das categorías menores federados coa participación de aproximadamente 80 deportistas. Os benxamíns, alevíns e infantís realizaron as probas de natación e combinada (carreira e tiro); mentres que os cadetes incorporaron a especialidade de esgrima.

 

IMG-20150614-WA0018Galicia, coma o día anterior, volveu conseguir bos resultados: Seis medallas (3 ouros, 2 pratas e 1 bronce). Iván Rego (benxamín) logrou a medalla de prata, mentres que na categoría alevín houbo dobrete galego: Claudia Gámez (alevín) conseguiu o ouro (defendía o título do 2014) e Ainhoa Corral (alevín) foi prata.

Na categoría infantil, Martín Freije revalidou o título conseguido o pasado ano, acadando a medalla de ouro, mentres que Martín Cando foi bronce. Ademais, Andrea Vidal tamén repetiu o triunfo do pasado ano e volveu a proclamarse campioa de España.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.