O domingo 28 de xuño (07:00 horas) celebrarase en As Pontes o North West Triman, a segunda edición do Campionato Galego de Longa Distancia, que terá unha participación total de 317 deportistas. Ademais, a novidade desta ano será a celebración dunha proba con distancias menores (1,9-45-10,5) con 252 participantes.
Tralo éxito do pasado ano, As Pontes repite como escenario do Campionato Galego de Longa Distancia, no que os participantes terán que facer 3,8 quilómetros de natación no Lago das Pontes, o lago artificial más grande de Europa. Posteriormente, tomarán a bicicleta para recorrer os 180 quilómetros da proba, que unirá as localidades de As Pontes e Vilalba. E rematarán cos 42,2 quilómetros de carreira a pe, no entorno do lago. Ao remate do día, coñeceremos aos primeiros campións galegos de tríatlon de longa distancia.
A proba comezará as 07:00 horas e o horario de entrega de trofeos está previsto para as nove da noite, aínda que as e os deportistas poderán chegar ata as 23:00 horas. Ao ser unha proba de tantas horas de duración, a organización dispuxo no entorno do lago actividades lúdicas para as familias e os máis pequenos.
No ano 2014 Natalia Míguez e José Manuel Vieito proclamáronse campións galego de Longa Distancia nas Pontes.