A cidade da Coruña acollerá o domingo 26 de xullo a segunda edición da proba popular Hércules XTRM, que conta cunha inscrición de 530 deportistas.
Nesta segunda edición, ademais da proba XTRM (tríatlon de media distancia) tanto na su vertente individual coma de relevos, inclúese unha proba de natación e correr (Hércules WR), tamén individual e de equipos. Desta forma, en total participarán máis de 500 deportistas.
A proba comezará ás 08:00 horas coa saída da proba de Hércules XTRM con 433 deportistas inscritos nas tres categorías (357 na proba individual, 10 en relevos 2 e 66 en relevos 3). As distancias da proba son 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de bicicleta (sen drafting) e 21,1 de carreira a pe. Unha das principais características da proba é que descorrerá por un circuíto urbano, algo pouco habitual nestas distancias. Entre os inscritos destaca a presenza de José Ángel Penas (Trinity Tríatlon), Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo), Alberto Álvarez (Muralla de Lugo) ou David Castro (Trisinfronteras), mentres que na categoría feminina estarán Cristina Santiago (NoSportLimit), Priscila Suárez (Tríatlon Ferrol), Estefanía Arias (Montepenarubia) ou Raquel Zapata (Mar de Vigo).
A proba WR, de natación e carreira a pe, (950 metros de natación e 10,5 quilómetros) comezará ás 11:45 horas e contará coa participación de case cen deportistas.