XA PODES INSCRIBIRTE NO TRÍATLON E NO ACUATLÓN DESAFÍO ILLAS CÍES 2015

6 de Agosto de 2015

O Triatlón e o Acuatlón Desafío Illas Cíes 2015, que se celebrará o día 27 de setembro, teñen aberto o prazo de inscrición, polo que todas as persoas interesadas, poderán facelo antes do día 14 de setembro. Son dúas probas espectaculares, tanto pola dureza coma pola beleza do entorno no que terán lugar. 

As e os participantes no Triatlón deberán realizar 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 de carreira a pe.


A proba de Acuatlón será ademáis Campionato Galego de Acuatlón e os participantes deberán corre 2.500 metros, facer 1.000 metros de natación e rematarán con 2.500 de carreira a pe.
Toda a información sobre as probas en:

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.