Galicia terá unha importante representación no Campionato de España de Dúatlon de Longa Distancia, que se celebrará o domingo 13 de marzo en Orihuela (09:00 horas). As distancias neste campionato de longa distancia serán de 16 quilómetros de carreira a pe, 67 quilómetros de bicicleta e finalizarán con 8 quilómetros de carreira a pe.
Na proba masculina, con cen participantes (e algún en reserva), contaremos con varios galegos. Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) parte coma un dos favoritos para loitar polo título e plantarlle cara ao actual campión, Raúl Amatriain, co cal se houbo importantes batallas. Ademais, tamén participarán Miguel Daporta (Olímpico de Vedra), Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo) Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), David Méndez (Cidade de Lugo), Iñaki Pena- Manso (NoSportLimit) ou Juan Francisco Fernández Moldes (Tri-Penta Terras de Lugo). Na categoría feminina, participarán a deportista do Olímpico de Vedra Aída García e Noelia Mora (Cidade de Lugo Fluvial).