Un total de 15 medallas é o balance de metade de temporada para os triatletas galegos junior e cadete.
Dous ouros con Inés Santiago (Triatlón Ferrol) e Andrés Cendán (Dexter Compostela), e unha prata para o equipo do Dexter formado por Cendán, Manuel Rey e Pablo Montes no campionato de España de tríatlon cadete.
Prata e broce logrados por Diana Cotón (Arcade Inforhouse) e Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) no estatal de tríatlon junior.
Inés Santiago e Antonio Serrat repetiron podio no campionato de España de dúatlon das súas categorías sendo prata en Pontevedra, onde Camila Alonso (Triatlón Ferrol) se colgou a prata junior e o Dexter conseguía a medalla de bronce na clasificación de clubs cadetes.
No recente campionato de España Escolar por autonomías, os galegos dominaron con contundencia ao facerse cos ouros individuais de ácuatlon con Andrés Cendán e Carmen Gómez (Triatlón Ferrol), e as pratas de Inés Santiago e Marcos Ruiz (Triatlón Ferrol), ademais de arrasar nos relevos masculinos e femininos dándolle á selección galega dous ouros máis.
Con semellante palmarés, Galicia e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva -CGTD- presumen de canteira aínda con máis retos á vista. “As Copas de Europa junior soen decidirse na carreira a pé así que non é nada esaxerado pensar que Antonio Serrat pode facer un top-10 no Mundial”, asegura Jonathan Cancela, adestrador dos becados no CGTD.
O vigués Antonio Serrat, o padronés Nacho Castro, o ordense Damián Martínez, a arzuá Diana Cotón, a riveirá Yaiza Blanco, a ferrolá Inés Santiago, a pontesa Sara Guerrero e a pontevedresa Carmen Gómez remataron este mes de xuño o curso 2012-2013 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva con nota.
Despois de formar parte este ano da tecnificación deportiva da FEGATRI, combinada cos estudos de ESO ou Bacharelato, o técnico da Federación Galega de Tríatlon responsable dos canteiráns, Jonathan Cancela, analiza a cada unha das promesas galegas.
DEFINICIÓN | MELLOR SEGMENTO | CATEGORÍA | CLUB | |
Antonio Serrat | disciplina | carreira | Junior 2 | Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial |
Nacho Castro | ilusión | ciclismo | Junior 2 | Arcade Inforhouse de Santiago |
Damián Martínez | constancia | ciclismo | Junior 1 | Arcade Inforhouse de Santiago |
Yaiza Blanco | traballo | natación | Junior 2 | Triatlón Riveira |
Diana Cotón | carácter | carreira | Junior 2 | Arcade Inforhouse de Santiago |
Inés Santiago | confianza | ciclismo | Cadete 2 | Triatlón Ferrol |
Sara Guerrero | motivación | natación | Cadete 2 | Narón Vista Óptica |
Carmen Gómez | talento | natación | Cadete 2 | Triatlón Ferrol |