A CORUÑA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON NA DISTANCIA OLÍMPICA

28 de Agosto de 2018

Esta fin de semana (1 e 2 de setembro) celebrarase na Coruña o Campionato de España de Tríatlon na Distancia Olímpica, no que participarán preto de 700 deportistas nas diferentes probas organizadas (elite, paratríatlon e grupos de idade). Hoxe tivo lugar a presentación do evento, que será organizado pola Federación Española de Tríatlon xunto  ao Concello da Coruña e a Federación Galega de Tríatlon.
 
Durante a presentación, o concelleiro de Emprego e Economía Social e presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema, subliñou que “a posibilidade de que A Coruña acolla probas vinculadas á náutica, ás actividades de terra ou asfalto e combinado é espectacular”. “É un dos potenciais que queremos aproveitar porque hai poucas cidades que teñen esta natureza e un circuíto urbano como imos vivir co tríatlon”, engadiu Lema. E lembrou que a consolidación da Coruña como circuíto de deportes ao aire libre é unha das liñas estratéxicas do Plan de Turismo da cidade.
 
Jorge García, director de Competicións da Fetri, quen tamén participou na presentación xunto ao vogal da Federación Galega de Tríatlon Francisco Villanueva, destacou a alta participación dos atletas nas probas de elite, na que se dará saída a 70 mulleres e 100 homes. “A alta competencia feminina é un gran éxito. E a elite masculina vai estar chea, con 100 atletas e 26 en lista de espera que terán que ir á proba de grupos de idade, o que significa que o espectáculo deportivo está asegurado”.
 
Pola súa banda, Paco Villanueva destacou o nivel da competición indicando que participarán “practicamente os mellores” nunha proba que se disputa quince días antes do final do campionato mundial, o que “impide” que algúns atletas poidan estar presentes.
 
De novo tomou a palabra Jorge García, quen agradeceu ao goberno local por facilitar a celebración das probas e “traballar xuntos para poder organizar o campionato”. E engadiu unha chamada ao público para que acudan a gozar deste evento, “xa que en moi poucos lugares pódese ver como na Coruña “. Neste sentido, Jorge salientou o feito de que a competición  poda levarse a cabo no eixo central da cidade, con pasos e meta na Praza de María Pita, seguindo o modelo da Series Mundiais e os Xogos Olímpicos, asegura que “non só os atletas gozan porque sentirán a calor do público, senón que que o público verá un gran espectáculo deportivo “.
 
O Oficial de Turismo da cidade afondou neste sentido ao sinalar que “transmitir o evento destaca “un perfil fotoxénico” da cidade. A proba de natación terá lugar no Parrote,recentemente remodelado e que estamos convertendo nun lugar para unha multitude de eventos. E a carreira a pé e en bicicleta levaralles por diante dos Cantons, a cidade do cristal e os xardíns de Méndez Núñez, para continuar pola avenida do Exército “, explicou. E salientou que, desde o punto en vista do impacto, difusión e coñecemento da cidade, este Campionato de Tríatlon de España “é un evento moi atractivo e relevante para nós, así como desde o punto de vista do retorno económico con 650 persoas participando nas probas, acollidas polos nosos hoteis, e que aseguran unha alta ocupación e retorno indirecto. Ademais son unha oportunidade de publicitar a cidade fronte a este público especializado”.
 
A competición levará a cabo en dous días. O sábado será e quenda das probas de elite, primeiro as mulleres (ás 16.40 horas) e a continuación os homes (ás 19.10 horas), coa Praza de María Pita como centro neurálxico e zona de chegada. E o domingo disputarase o campionato de España por grupos de idade (09.00 horas), e a continuación as probas de paratriatlón (12:30 horas), nas súas diferentes categorías.
 
 

Quizáis che interese…