NEREA GARCÍA E ELSA PENA DISPUTARÁN MAÑÁ A SEMIFINAL DO EUROPEO YOUTH EN GRECIA

29 de Agosto de 2018

As deportistas Nerea García Busto (Naútico de Narón) e Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) participarán mañá na semifinal do Campionato de Europa Youth de Tríatlon, que se celebra en Loutraki (Grecia). 

Mañá disputaranse as semifinais na que as participantes deberán facer 500 metros de natación, 12 quilómetros de ciclismo e 3 de carreira a pe. Falar de favoritos nestas idades é moi complicado, polo que as nosas rapazas centraranse en gozar deste momento e tratar de acadar unha praza para a final, algo que non será sinxelo. Nerea participa na semifinal 1, mentres que Elsa disputará a 2. Logran a clasificación as nove primeiras de cada semi e haberá unha repesaca para os tres mellores tempos. 

Na final, que se celebrará o sábado, as distancias serán menores (300 – 8 -2). Ademais tamén se celebrará unha proba de relevos mixtos o domingo, no que están inscritos 23 equipos. 

Quizáis che interese…