A Nucía, derradeira proba da Liga Nacional de Dúatlon

26 de Abril de 2023

  • Terceira posición para o equipo feminino do Cidade de Lugo Fluvial no Cpto. de España de Dúatlon Supersprint de Relevos por Parellas e 2x 2
  • Na categoría feminina mantense en 1ª división: Cidade de Lugo Fluvial e A.D. Náutico de Narón 
  • Na categoría masculina mantense en 1ª división: Cidade de Lugo Fluvial e Tríatlon Ferrol 

O 22 e 23 de abril A Nucía acolleu os Campionatos de España de Dúatlon Supersprint por clubes, o relevo por parellas e o 2×2. Unhas xornadas de gran intensidade e emoción onde os equipos galegos xogábanse moito.

A primeira proba da fin de semana foi o Campionato de España de Dúatlon Supersprint de Relevos por Parellas.
Na 1ª División feminina, excelente 3º posto do relevo do Cidade de Lugo Fluvial formado por Elsa Pena, María Casals, Andrea Iglesias, Maria Rubio, Tania e Lucía Vergara. O A.D. Náutico de Narón foi 9º e o Tríatlon Inforhouse Santiago 14º.
Na 1ª División masculina, o relevo do Cidade Fluvial rematou 4º a menos de 5 segundos do podio, mentras que o Tríatlon Ferrol rematou 12º e o Tríatlon Inforhouse Santiago 15º.
Na 2ª División masculina, 5º e 6º posición para o A.D. Náutico de Narón e Tríatlon Arteixo, respectivamente.

O sábado pola tarde foi a quenda do Campionato de España de Dúatlon Supersprint por Clubes, composto por unha proba preliminar e unha final.
Na final da 1ª División Masculina, Pau Noguera do Tríatlon Inforhouse Santiago conseguiu a 1ª posición, logrando importantes puntos para o equipo. Gran actuación tamén para Iván Puentes do Tríatlon Ferrol, rematando 8º.
Na final Feminina, só Elsa Pena do Cidade de Lugo Fluvial rematou a proba, logrando o 15º posto.
Na final da 2ª División Masculina, o 2º posto foi  para Facundo Ismael Medard do Tríatlon Arteixo. 4º Carlos Lozano (A.D. Náutico de Narón), 14º Antón Gómez (Tríatlon Arteixo) e 19º Carlos Bautista (A.D. Náutico de Narón).

As xornadas de competición en A Nucía remataron o domingo co Campionato de España de Dúatlon Supersprint 2×2.
Na 1ª División feminina, o equipo do Cidade de Lugo Fluvial formado por Elsa Pena, María Rubio, Lucía Vergara, Andrea Iglesias, Isa Navarro e Ana Santiso volveu ocupar o terceiro caixón do podio. Top 5 para o A.D. Náutico de Narón e 14ª posición para o Tríatlon Inforhouse Santiago.
Doutra banda, na 1ª División masculina o Tríatlon Ferrol logrou unha loitada 6ª posición que lle permitiu afastarse dos postos de descenso. O Cidade de Lugo Fluvial rematou no 11º posto e o Tríatlon Inforhouse Santiago 14º.
Na 2ª División masculina, 5º posto para o relevo do A.D. Náutico de Narón e 11º posto para o Tríatlon Arteixo

Finalmente, esta é a clasificación da Liga Nacional de Dúatlon 2023:

Primeira División Feminina
3º Cidade de Lugo Fluvial
6º A.D. Náutico de Narón
14º Tríatlon Inforhouse Santiago (descende a 2ª División)

Primeira División Masculina
6º Cidade de Lugo Fluvial
10º Tríatlon Ferrol
12º Tríatlon Inforhouse Santiago (descende a 2ª División)

Segunda División Masculina 
5º A.D. Náutico de Narón (mantense en 2ª División)
10º Tríatlon Arteixo (mantense en 2ª División)

Clasificacións completas 

Quizáis che interese…

Acuatlón Castrelo do Miño

Acuatlón Castrelo do Miño

O pasado fin de semana celebrouse a Copa Deputación Ourense de Acuatlón - Acuatlón Castrelo de...