Aída García e Jacobo Crespo, vencedores do Vertiatlón Solidario de Baiona

8 de Outubro de 2016

A vila mariñeira de Baiona acolleu este sábado a segunda edición do Vertiatlón Solidario, unha competición organizada polo concello de Baiona e o Monte Real Club de Iates co patrocinio de Verti Seguros co obxectivo de recadar fondos para impulsar a vela adaptada en Galicia.

salida-del-ii-vertiatlon-solidario-de-baiona-foto-laureano-freireDouscentos quince atletas chegados de diferentes puntos do país colocáronse tras a liña de saída para disputarse as tres probas dun tríatlon sprint. Completaron 750 metros a nado na baía de Baiona, pedalearon 20 quilómetros polas rúas de Baiona e correron 5 quilómetros na península de Monte Boi, rodeando o histórico Parador Nacional.

O máis rápido empregou apenas unha hora en realizar todo o percorrido e cruzar a liña de meta. Foi Jacobo Crespo, do Olímpico de Vedra, gañador na categoría absoluta masculina. A súa compañeira de club, Aida García, levou a vitoria na categoría feminina, levantando ambos os ao club vedrense todo o máis alto do podio deste II Vertiatlón Solidario de Baiona.

En segunda e terceira posición quedaron, na categoría masculina, Ricardo Rey, do Nosporlimit; e Iago Vara, do Sireno Tríatlon Club; e na categoría feminina, Ángela Chapela, do Olímpico de Vedra, e Nuria Álvarez, con licenza para un día.

Na categoría de veteranos, as vitorias fóronse para a provincia da Coruña. O Nosporlimit da cidade de cristal colocouse no primeiro posto da categoría masculina da man de Ricardo Rey; e Aida García, do Olímpico de Vedra, subiuse ao primeiro banzo da competición feminina. Carlos Coira (Tríatlon Vilagarcía / Atenas Running) e Cristobal Cacheda (Team Corbelo) completaron o podio masculino; e a viguesa María José Velázquez e a baionesa Sandra Santodomingo, o feminino.

Na categoría cadete, o triunfo foi para José Benito Silva, do Beariz Tríatlon, ao que non puideron impoñerse Marcos González (Club Tríatlon Mar de Vigo) e Alejandro Crespo (Beariz Tríatlon), que se tiveron que conformar co segundo e terceiro posto.

Entregáronse, ademais, premios aos mellores clasificados censados en Baiona, que foron Antonio Liébanas, que o pasado mes de xuño xa se fixo coa vitoria do tríatlon popular de Baiona, e Sandra Santodomingo.

Unha vez finalizado a repartición de premios, o Director Xeral de Verti Seguros, Enrique Flores, foi o encargado de facer entrega, ao Monte Real Club de Iates, do talón polo importe recadado coas inscricións do Vertiatlón. Cinco mil trescentos setenta e cinco euros que o club baionés destinará integramente á súa Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade.

 

Quizáis che interese…