ANDRÉS CENDÁN, QUINTO NA COPA DE EUROPA JÚNIOR DE MELILLA

10 de Abril de 2016

O galego Andrés Cendán rematou na quinta posición da Copa de Europa Júnior de Melilla, que se celebrou hoxe. Foi o mellor dos catro galegos presentes nas probas júnior.

Na proba feminina, a galega Sara Guerrero rematou na 15ª posición cun tempo de 01:11:45. O triunfo foi para Carlotta Missaglia e a segunda posición para Cecilia Santamaría.

Na masculina, gran actuación de Andrés Cendán, que acadou unha magnífica quinta posición, despois dunha espectacular remontada na carreira a pe. O galego chegou á T2 na 16ª posición e na carreira a pe foi quen de subir once postos, ata chegar a meta na quinta posición cun tempo final de 01:00:17. O triunfo foi para o andaluz do Arcade Infohouse Alberto González, cun tempo de 59:30.

O resto dos galegos: Marcos Ruíz rematou na 22ª posición (01:01:38) e Carlos Brión, 28º.

Resultados

Quizáis che interese…