FERNANDO ALARZA, PRATA NA SERIE MUNDIAL DE  GOLD COAST POR DETRÁS DE MARIO MOLA

9 de Abril de 2016

Fernando Alarza deu hoxe un paso de xigante cara a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Río, tras acadar a medalla de prata na  segunda proba das Series Mundiais 2015, que se celebrou en Gold Coast (Australia). O triunfo foi para o mallorquino Mario Mola, que está a facer unha tempada espectacular.

O deportista do Grupo de Alto Rendemento do CGTD, con licenza galega, estivo sempre situado nas primeiras posicións dunha proba moi dura pola altísima temperatura. O segmento da natación foi comandado por Richard Varga, o grande especialista, pero Alarza saíu da auga a só 10 segundos do surafricano. Un pouco máis retrasados (a uns 15 segundos) saían Vicente Hernández e Mari Mola.

del_0877__mediumNa T1, Alarza vai no grupo de cabeza, pero moi preto está o segundo grupo con Mario e Vicente, que enlazaron enseguida. Así, cun grupo numeroso, os ataques foron constantes. Alistair Brownlee protagonizou un deles e marchou en solitario durante uns quilómetros, ata que o pelotón volveu absorbelo. A escapada definitiva chegou nos instantes finais, cando o grupo xa pensaba na carreira a pe. Tom Bishop e Ben Shaw uniron forzas e lograron chegar á T2 con case 40 segundos de distancia sobre o grupo de favoritos, no que estaban Mario Mola, Jonathan Brownlee, Fernando Alarza ou Vicente Hernández.

Tan pronto comeza o tramo de carreira a pe, Mola e Jonathan marchan en busca dos escapados, mentres que por detrás están  Fernando Alarza e Ryan Bailie. Vicente Hernández quedou un pouco descolgado.

Así, a carreira ía por grupos. Mola e Jonathan pillan aos dous escapados antes de que se cumpran os 2 primeiros quilómetros, mentres que Bailie aguanta un pouco máis a Alarza, que se consolida como terceiro. Na última volta, Mario ataca para lograr o segundo triundo nas Series Mundiais do presente ano, mentres que Jonathan Brownlee comeza a sufrir e moito. Alarza, que vai por detrás, dáse conta dos problemas que está tendo o británico e ataca con todo para lograr esa medalla de prata que sabe a triunfo.

Así, o podio quedou formado por Mario Mola (01:46:28), prata para Fernando Alarza (01:46:55) e bronce para Jonathan Brownlee (01:47:09). A sétima posición foi para Vicente Hernández. Na clasificación do Mundial, Mario Mola é primeiro con 1.600 puntos e Fernando Alarza, segundo con 1.373 puntos.

www_triathlon_org_results_result_2016_itu_world_triathlon_go

 

 

Quizáis che interese…