ANTONIO SERRAT: “O OBXECTIVO É SEGUIR MELLORANDO COMA DEPORTISTA”

13 de Setembro de 2013

Antonio Serrat pechou co resultado de onte unha tempada espectacular: medallas nos campionatos de España, sétimo no Europeo e noveno no Mundial. Ao remate da proba de Londres estaba feliz, aínda que tranquilo, como el é.

-Como foi a carreira?

-Sabía que a natación ía ser complicada porque saímos moita xente e  se podería formar un corte e así foi. Polo menos puiden saír nun segundo ou terceiro grupo na bicicleta e neste segmento fun moi forte ata alcanzar ao primeiro grupo grupo cando xa estábamos chegando ao último quilómetro. Na transición quedei un pouco descolgado e así no último sector tiven que ir remontando todo o rato, sen momentos de relaxacións, para ao final ocupar a novena posición”.

– Cambiarías algo do que fixeches?

-Por cambiar… cambiaría a natación, que o primeiro tramo fora máis rápido aínda para buscar máis “comodidade”. Ou que na segunda transición debería ter sido tamén máis rápido. Pero non sabería realmente se con iso aseguraría un mellor resultado.

– Qué análise fas desta tempada?

-Non podo cualificala doutra forma que moi contento con toda ela.

– Cales son os teus obxectivos de cara ao futuro?

-Agora mesmo non o sei en concreto, pero seguir mellorando.

– Como te defines como triatleta?

-Intento ser o máis regular posible nas tres disciplinas, aínda que algunha se me resista máis que outra.

– Que aspectos cres que debes mellorar e cales son os teus puntos fortes?

-Os meus puntos débiles son a natación e a capacidade de entrar en carreira rápido. É o meu punto forte seria a carreira a pé. Aínda que teño que seguir mellorando tanto os meus puntos débiles como fortes para ser o máis regular posible.

Quizáis che interese…