AROA FREIJE E MÓNICA FLORES, PREMIADAS NA III GALA DO DEPORTE FEMININO GALEGO

18 de Xuño de 2014

A pentatleta Aroa Freije e a xuíza Mónica Flores serán dúas das premiadas na III Gala do Deporte Feminino Galego, que se celebrará o día 28 de xuño no Porriño.

Aroa Freije recibirá o premio á mellor deportista promesa do ano 2013, polo seu campionato de España cadete e o bronce no Europeo da categoría. Pola súa banda, a xuíza Mónica Flores logrou no ano 2013 o ascenso á categoría internacional (nivel 4), polo que xa puido arbitrar no Mundial de Duatlón de Pontevedra. Ademais, no 2013, foi responsable de transición no Campionato de España de Duatlón.

A cita é o 28 de xuño (19:30 horas) no Círculo Recreativo Cultural de Porriño, nun evento que é posible grazas a colaboración do Concello do Porriño. Con este acto, Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais do noso colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario aparecer nos medios de comunicación.

Quizáis che interese…