AXUDAS DGAN 2017- FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO

20 de Outubro de 2017

A Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe (20/10/2017), no Diario Oficial de Galicia a Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2017, baixo a denominación  Convocatoria de AXUDAS DGAN  2017”e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

Esta convocatoria conta nesta ocasión con nove tipos de axudas: Axuda Olímpica Ouro, Axuda Olímpica Prata, Axuda Olímpica Bronce, Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos que os deportistas teñan acadado durante os anos 2015 e 2016 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores), que poidades acreditar no Anexo 2: Certificado da Federación, e que serán valorados segundo os apartados 6.4.1. e 6.4.2. das bases.

As devanditas bases desta convocatoria están á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, na web http://deporte.xunta.gal,  así como nas oficiñas da Fundación Deporte Galego dende hoxe (tamén as podedes revisar en formato PDF nos enlaces abaixo). Recordarvos, en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e rematará o vindeiro luns 30 de outubro de 2017.

 Bases Axudas DGAN 2017

Anuncio DOG AXUDAS DGAN 2017

Anexos I, II, III galego

Anexos I, II, III castelán

 

 

 

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables 2024

Plan Corresponsables 2024

Actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a través da Secretaría...