BANYOLES ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE TRÍATLON SPRINT E ACUATLÓN

6 de Xullo de 2018

Banyoles acollerá esta fin de semana (7 e 8 de xullo) os Campionatos de España de Tríatlon Sprint e Acuatlón, cunha destacadísima presenza de triatletas galegos en todas as probas. Ademais, tamén se celebrará o clasificatorio europeo para os Xogos da Xuventude de Argentina 2018, no que participará representando a Galucia, Nerea García Busto (Naútico de Narón).

O sábado  terá lugar o Campionato de España de Tríatlon Sprint nas categorías cadete, júnior, grupos de idade e elite (tanto masculino coma feminino), así coma os clasificatorios Youth masculino e feminino. A Federación Galega de Tríatlon contará con destacados representantes en todas as categorías, e varios deles con opcións a loitar polos diferentes podios.

No ano 2017, Uxío Abuín proclamouse campión de España na categoría elite, mentres que Inés Castaño acadou o ouro na categoría júnior.

O domingo  celebrarase o Campionato de Europa de Tríatlon por clubs e o Campionato de España de Acuatlón (tamén nas categorías cadete, júnior, elite e grupos de idade). No pasado ano houbo moitas medallas galegas no acuatlón. Iria Rodríguez (en júnior), Antonio Serrat (en sub 23) e Carmen Gómez (en sub 23) acadaron o título de campións de España. Ademais Antonio Serrat e Carmen Gómez lograronogrou a prata elite, mentres que Esteban Basanta foi bronce en cadete. 

 

Quizáis che interese…