BRONCE PARA AROA FREIJE NO MUNDIAL DE RELEVOS MIXTOS

6 de Setembro de 2015

Aroa Freije despediuse do Mundial de Péntatlon Moderno que se estivo celebrando estes días en Bos Aires (Arxentina) da mellor forma posible: A galega acadou, xunto a Joan Gispert, unha medalla de bronce na proba dos relevos mixtos. E ademais estiveron moi preto da prata, a só un segundo de México.

O equipo español estaba formado por Aroa e Joan Gispert, que tivo un rendemento excepcional. Foron os mellores na natación e na combinada e consolidaron desta forma a medalla de bronce. Na esgrima remataron na undécima posición con 11 vitorias e 11 derrotas.

Exipto proclamouse campión do mundo con 1.198 puntos, mentres que a prata foi para México (1.168) e o bronce para España (1.167).

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero 2021,   cargado de...