CAMILA ALONSO E ALBERTO CASTIÑEIRA, GAÑADORES DO TRÍATLON CONCELLO DE POIO

2 de Xullo de 2016

Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) proclamáronse hoxe vencedores do VI Tríatlon Concello de Poio, no que participaron uns 230 deportistas. Esta proba está incluída no Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e ademais é clasificatoria para o Campionato Galego 2016.

Na categoría feminina houbo unha intensa batalla entre tres compañeiras do Tríatlon Ferrol (Camila Alonso, Sara Guerrero e Melina Alonso) que foron xuntas na natación e na bicicleta. Así todo tivo que decidirse na carreira a pe, e Melina perdeu ahí as opcións de loitar polo triunfo. Así, ao final foi cousa de dúas (Camila e Sara) e foi máis forte Camila Alonso (01:02:00), que ademais repetía triunfo. A segunda posición foi para Sara Guerrero (01:02:03) e o bronce, para Melina Alonso (01:02:35).

Na proba masculina houbo moita igualdade na natación, saíndo da auga sete deportistas en escasos segundos, facendo un primeiro corte que ao final foi decisivo. Entre os escapados ía Alberto Castiñeira que tras facer unha magnífica bicicleta chegou a T2 cunha certa distancia sobre os seus compañeiros e así, puido enfrontar en solitario a carreira a pe, para chegar a meta en primeira posición cun tempo de 54:45. Por detrás ía Carlos Brión, que foi perdendo posicións ata rematar sétimo. Así, a segunda posición foi para Martín Carrera (Natación Riveira) cun tempo de 55:57 e o terceiro posto para Ismael López (Tríatlon Vilagarcía), que parou o cronómetro en  56:07.

No adxunto tedes as clasificacións.

CLASIFICA TRIA POIO 2016

 

Quizáis che interese…