IRIA RODRÍGUEZ, FÓRA DA FINAL DO CAMPIONATO DE EUROPA YOUTH

2 de Xullo de 2016

A nosa deportista Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) non logrou clasificarse para a final do Campionato de Europa Youth, que se está a disputar en Tiszaujvaros (Hungría), ao rematar na décimoterceira posición na semifinal celebrada hoxe.

Iria non se atopou ben durante toda a carreira, acusando unha gastroenterite que sufriu hai un par de semanas. A galega non tipo boas sensacións da auga, saíndo a uns 30 segundos da cabeza, e tampouco puido remontar na bicicleta. Finalmente, na carreira a pe confirmou a 13ª posición cun tempo final de 45:06. So clasificaban  para a final as nove primeiras e os tres mellores tempos de todas as semifinais, polo que Iria non poderá disputar a final individual o luns.

 

Quizáis che interese…