Camila Alonso pechará a tempada coa disputa da Copa Continental de Santo Domingo o domingo 12 de novembro. A galega, que a semana pasada tivo que retirarse da Copa de África de Agadir por atoparse sen forzas, quere pechar a campaña cun bo sabor de boca. As distancias serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe.
Juan Sebastián Díaz Iglesias, novo presidente da Federación Galega de Tríatlon
A Xunta Electoral proclama definitivamente a súa elección tras finalizar o prazo regulamentario de...



