SALETA CASTRO DISPUTARÁ O SÁBADO O IRONMAN DE MALAYSIA

9 de Novembro de 2017

Saleta Castro disputará o sábado 11 de novembro o Ironman de Malaysia, co obxectivo de sumar puntos para a clasificación para o Mundial de Kona 2018.

A galega, que cumpriu 30 anos o día 3 de novembro, celebrou o seu aniversario na viaxe á illa de Langkawi, onde se disputará a proba. Leva xa varios días adestrando alí e tentando adaptarse as extremas condicións climatolóxicas, xa que hai moito calor e humidade. Saleta disputou esta proba en 2015 e foi quinta. As distancias da proba son de 3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de ciclismo e 42,2 quilómetros de carreira a pe.

Esta é a segunda proba que enfronta Saleta xa pensando no Mundial de Hawaii. Na primeira, o Ironman de Cascais, foi quinta, e agora espera incluso mellorar ese posto.

 

Quizáis che interese…