Campionato Xunta de Galicia Tricros Concello de Rianxo

tricros concello de rianxo

23 de Xullo de 2021

Chegou o día. Mañá 24 de Xullo ímonos ata o Concello de Rianxo para celebrar o Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Cros 2021. 

Organizado polo Clube Tríatlon Rianxo, o Concello de Rianxo, Multisports Galciia S.L.U (ChampionChipNorte) e a Federación Galega de Tríatlon e co patrocinio do Concello de Rianxo, a Fundación Deporte Galego e a Xunta de Galicia.

Campionato Xunta de Galicia Tricros concello de rianxo

 

O/A Deportista é responsable de respectar as normativas vixentes de prevención e contención da propagación da COVID 19 e o protocolo específico da Federación Galega de Tríatlon certificado pola
Secretaría Xeral para o Deporte.
O/A Deportista debe entregar para acceder ao evento a súa declaración responsable de cumprimento do mesmo.

Descarga declaración Responsable

Segundo recolle o protocolo COVID-19 de aplicación á proba, é de obrigado cumprimento para todas as persoas involucradas no evento, o seguinte:

  • Manter a distancia interpersoal de 1.5 m en todo momento, antes, durante e despois da práctica
    deportiva e evitar o contacto físico.
  • Uso de máscara en todo momento, coa única excepción do momento da práctica deportiva.
  • Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas ou saúdo con contacto físico.
  • Non acudir á proba en caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.
  • Manter a frecuente hixiene de mans e materiais que non se compartirán

En caso de detección, ou auto detección, de sospeita de COVID -19 no entorno da proba, seguiranse as directrices establecidas no punto 4.3 do protocolo FEGATRI. Infórmase aos/ás deportistas de máis de 60 anos de que existe un maior risco de consecuencias graves en caso de contaxio e recoméndase unha maior toma de medidas preventivas pola súa parte.

A proba terá unha zona acoutada para os/as deportistas. Máis información no documento acreditativo da reunión técnica da proba.

HORARIOS

14:30 a 16:10 Apertura secretaría da Competición
15:00 a 16:20 Control Material
15:15 a 16:15 Quecemento
16:30 Saída (2 deportistas cada 15″)
19:00 Entrega premios

As/os deportistas deberán estar na cámara de chamadas, diante da súa bicicleta, 10 minutos antes da súa hora de saída.

PERCORRIDOS

Natación – 750 metros
Bicicleta de montaña – 21,6kms
Carreira – 5200 metros

Sector de natación – 1 volta de 750 metros.

sector de natacion tricros concello de rianxo

Sector de Bicicleta de montaña – 3 voltas de 7,2kms

sector de bicicleta de montaña tricross concello de rianxo

Carreira a pé – 1 volta de 5,2kms

carreira a pe tricros concello de rianxo

Máis información sobre os percorridos na documento da reunión técnica da Fegatri.

Están dispoñibles na páxina do Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Cros a orden de saída de cada un dos participantes. Recordade que é moi importante estar 10 minutos antes da saída na cámara de chamadas.

CONSULTAR ORDEN DE SAÍDA

Pódese seguir os resultados en vivo de cada un dos participantes da proba a través do seguinte enlace na páxina de ChampionChipNorte.

Moita sorte. 💪💪💪

Quizáis che interese…