CARLA CASTAÑO E RUBÉN CAAMAÑO, VENCEDORES DO I DÚATLON CONCELLO DE RIVEIRA MEMORIAL JESÚS E VICENTE

13 de Marzo de 2016

 

Carla Castaño (Arcade Inforhouse) e Rubén Caamaño (Artrogal-Tri 498) proclamáronse hoxe vencedores do I Dúatlon Concello de Riveira Memorial Jesús e Vicente, terceira proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016.  A proba, que se realizou en memoria de dous triatletas do Natación Ribeira, Jesús Huerta e Vicente Hernández, recentemente falecidos, contou coa participación de 160 deportistas nunha mañá soleada e perfecta para a práctica deportiva.

IMG-20160313-WA0027Na categoría feminina, triunfo de Carla Castaño (Arcade), que logrou poñerse en cabeza da proba no segmento de ciclismo. No terceiro segmento volveu ser a máis rápida e así confirmou a súa vitoria cun tempo de 01:06:46. A segunda posición foi para Sara Castillo (Trinorth Nogasa) a 49 segundos (01:07:35) e o terceiro posto foi para Margarita Villaverde (GV Sports Club)  cun tempo de 01:09:22.

A proba masculina destacou pola súa igualdade e todo tivo que decidirse no último segmento. En menos de 60 segundos entraron 13 deportistas. O triunfo foi para Rubén Caamaño (Trinoth Nogasa) que foi o máis rápido nos dous segmentos de carreira a pe (54:24), mentres que a segunda posición foi para Brais Misa (Atletismo Porriño) a só 8 segundos. O terceiro posto no podio foi ocupado por Carlos Brión (Natación Riveira), tamén moi preto (54:40).

A saída, transición e meta estaban instaladas na Praia do Coroso e as distancias foron de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira.

Os gañadores noutras categorías foron:

 

  • Cadete: Mariña Ramos (GV Sports Club) e Jorge González (Natación Riveira).
  • Júnior: Carla Castaño (Arcade Inforhouse) e Carlos Brión (Natación Riveira).
  • Sub 23: Martín Carrera (Natación Riveira)
  • Veterán 1: Paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e Enrique Goce (Olímpico de Vedra)
  • Veterán 2: Laura López (Tri Ourense) e Andrés López (Tríatlon Vilagarcía).
  • Clubs: GV Sports Club (feminino) e Artrogal-Tri 498 (masculina).

 

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Santiago, Riveira, Arteixo e Vigo. En xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon (18 prazas en cada proba do circuíto). Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon) e Cristina Torres (Mar de Vigo) proclamáronse gañadores do X Dúatlon Concello de Guitiriz. Na segunda proba, disputada en Santiago, venceron Alberto Castiñeira e Inés Castaño, ambos do Arcade.

I DUATLON RIVEIRA MEMORIAL JESUS E VICENTE

Quizáis che interese…