GUSTAVO RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE DÚATLON DE LONGA DISTANCIA

13 de Marzo de 2016

Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou o título de campión de España de Dúatlon de Longa Distancia, que se celebrou hoxe en Orihuela, cunha impresionante remontada na bicicleta.

O galego foi de menos a máis. No primeiro segmento de carreira a pe (16 quilómetros) non estivo excesivamente fino e saíu da transición na 18ª posición a tres minutos do primeiro, pero emprendeu unha remontada espectacular. A metade do percorrido de ciclismo xa estaba na terceira posición e finalizou os 67 quilómetros de bicicleta no primeiro posto por diante de Joan Nadal, pero a escasos segundos. Gustavo quería o título e xa non abandonou esa posición de honra. Na terceiro segmento (8 quilómetros de carreira a pe) consolidou e aumentou a distancia con respecto ao seus perseguidores para chegar a meta na primeira posición cun tempo final de 03:05:44. A segunda posición foi para Joan Nadal (03:07: 06) e Pablo Martín acadou o bronce (03:08:12). O campión de España 2015 Raul Amatriain foi quinto.

Iñaki Pena-Manso (NoSportLimit) foi o 19º na clasificación (03:15:30) e Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou na 23ª posición (03:16:30), como resultados máis destacados do resto dos galegos participantes.

Na categoría feminina, proclamouse campioa de España a balear Margarita Vic García Cañellas, mentres que a galega Aída García (Olímpico de Vedra) foi vixésima e Noelia Mora (Cidade de Lugo Fluvial), 21ª.

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...