CASE CATROCENTOS PARTICIPANTES NO VIII TRÍATLON DE RIAZOR

6 de Xuño de 2013

O domingo  9 de xuño disputarase nas inmediacións da praia de Riazor o VIII Tríatlon de Riazor, primeira proba do circuíto galego de tríatlon 2013, con case 400 deportistas inscritos.

A carreira disputarase na modalidade de sprint, con 750 m de natación na praia de Riazor, a continuación 20 quilómetros do segmento de ciclismo (os triatletas darán 4 voltas a un circuíto que vai dende o Meliá María Pita ata o Millenium) e finalizarán coa carreira a pe de 5 quilómetros.

 En total participarán case 400 deportistas, no que será a primeira proba do calendario galego de tríatlon da presente tempada. Haberá catro saídas. Ás 10:00 horas comezará a proba popular, que conta con 149 inscritos e na que as distancias son máis curtas (300 metros de natación, 10,6 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe).

A proba feminina iniciarase ás 11 horas con 33 participantes, con Alba Cuba (Wild Wolf Cidade de Lugo), Priscila Suárez (Tríatlon Ferrol) e Silvia Veira (Arcade Infdorhouse), entre as favoritas. Mentres na proba masculina haberá dúas saídas: ás 11:10h comezará a proba B con 179 deportistas, mentres que ás 12:30 horas será a saída elite masculina (63). Hai que destacar que hai ausencias importantes, ao coincidir esta proba coa celebración do Campionato de España por Comunidades Autónomas, polo que queda moi aberta.

Esta proba, organizada polo club Tríatlon Coruña e o Concello da Coruña, estaba prevista para o día 19 de maio e tivo que ser suspendida polas condicións meteorolóxicas, xa que se anunciaba un temporal na costa da Coruña con ondas de gran tamaño.

Quizáis che interese…