O SÁBADO TERÁ LUGAR O I DÚATLON POPULAR CONCELLO DO PORRIÑO
O sábado 21 de setembro celebrarase o I Dúatlon Popular Concello do Porriño, cunha participación total de 150 deportistas. A demanda de participación foi tan alta que o prazo de inscrición pechouse un día antes do remate previsto, ao alcanzar o número de inscritos...
JAVIER GÓMEZ NOYA, CAMPIÓN DO MUNDO DE TRÍATLON 2013 NUNHA FINAL ESPECTACULAR
Javier Gómez Noya logrou hoxe o seu terceiro título de campión do mundo nunha carreira única e irrepetible. Despois de case dúas horas de proba, con choiva e frío, todo se decidiu nos últimos metros. Gómez Noya superou ao sprint a Jonathan Brownlee e así logrou...
AÍDA VALIÑO E JOSÉ MANUEL PARDO LEIS, CAMPIÓNS DO “DESAFÍO ILLAS CÍES”
Aída Valiño (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) lograron a vitoria na primeira edición do “Desafío Illas Cíes”, que se celebrou hoxe en Vigo coa participación de 500 deportistas. Na proba feminina non houbo...
SUSANA RODRÍGUEZ RECIBE A MEDALLA DE PRATA NO MUNDIAL DE PARATRÍATLON
A viguesa Susana Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) recibiu hoxe a medalla de prata que logrou no Mundial de Paratriatlon, celebrado onte en Londres. Susana, xunto a súa guia Mayalen Noriega, logrou dúas prata en Londres: A primeira no Mundial de Acuatlón e...
A SELECCIÓN ESPAÑOLA YOUTH DE PÉNTATLON MODERNO, CONCENTRADA EN LUGO, DISPUTARÁ O EUROPEO EN PORTUGAL
A selección española youth de péntatlon moderno, que leva en Lugo dende o día 2 de setembro, partirá o mércores 18 en dirección a Caldas da Raínha (moi preto de Lisboa, Portugal), onde disputará o Europeo da categoría entre os días 20 e 22 de setembro. Este campionato...
O DOMINGO 15 DE SETEMBRO CELEBRARASE O “DESAFÍO ILLAS CÍES”
O domingo 15 de setembro (a partir das 08:00 horas) celebrarase a primeira edición do “Desafío Illas Cíes”, unha proba de longa distancia, que contará coa participación de cincocentos deportistas. Será, sen dúbida algunha, unha proba moi dura, xa que os...
SUSANA RODRÍGUEZ, PRATA NO MUNDIAL DE PARATRIATLON DE LONDRES
Susana Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) despídese de Londres con dúas medallas no peto. A viguesa logrou onte a medalla de prata no Campionato do Mundo de Paratriatlon na categoría TRI6B, por detrás da británica Melissa Reid. Susana, que competía xunto a...
JONATHAN CANCELAS: “ANTONIO SERRAT É SÓLIDO E FORTE MENTALMENTE Á VEZ QUE HUMILDE E DISCIPLINADO”
Jonathan Cancelas é, con case total seguridade, a persoa que mellor coñece a Antonio Serrat, e non só no aspecto deportivo. Son moitas as horas que pasan xuntos adestrando, traballando para seguir medrando na súa carreira deportiva. Por iso, onte tamén era unha das...