COMUNICADO: SUSPENSIÓN DUATLON ESCOLAR DE VILALBA, A FINAL PROVINCIAL DE MONDOÑEDO PASA A SER ABERTA

16 de Marzo de 2018

Debido á suspensión das probas do Campionato de España de Dúatlon que se ían a celebrar en Boiro (suspendidas por mor da climatoloxía adversa) esta fin de semana pasada, e trasladadas para o 24 e 25 de Marzo de 2018, o organizador da proba de Duatlón Escolar de Vilalba (prevista para o 24/03/2018), comunícanos a imposibilidade de facela nesta data.

A Xunta Directiva da Federación (unha vez pasado á Comisión Delegada da Federación) solitou  á Secretaría Xeral para o Deporte  que a Final Provincial de Duatlón Escolar de Mondoñedo (14/04/2018) sexa aberta a todos os deportistas que están de alta no programa XOGADE -Dúatlon- , (pertencentes a clubs, colexios, asociacións,… da provincia) sen clasificación previa, xa que só habería unha proba clasificatoria e tampouco se contemplan invitacións no regulamento.

Dende o Servizo de Deportes pareceulles ben a proposta, polo que a proba Final Provincial de Duatlón Escolar de Mondoñedo será aberta.

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables

Plan Corresponsables

O Plan Corresponsables é unha nova política pública residenciada na Secretaría de Estado de...

Outra fin de semana intensa

Outra fin de semana intensa

Outra fin de semana intensa para os triatletas galegos coa disputa do Campionato de Tríatlon por...