CONVOCATORIA COPA DE ÁFRICA DE LARACHE- MARROCOS 2026

12 de Xuño de 2026

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro dos seus programas deportivos, ten establecido o apoio a deportistas de interese federativo con licenza galega,  pertencentes a clubs galegos,  para a súa promoción deportiva nacional e internacional.

Conforme ao anterior e co gallo da celebración da Copa de África de Larache (Marrocos), o próximo 5 de xullo de 2026,  convoca ás seguintes deportistas

FEMENINA
Natalia Castro Santos-CD Delikia (criterio técnico)
Marta Novo Dios-Cidade de Lugo Fluvial (criterio técnico)
A FEGATRI, asumirá os custes de viaxe  e as deportistas deberán cubrir o resto de gastos a través do programa de Promoción de  tecnificación e rendemento para participar en Copas continentais e do mundo de deportistas de interese federativo

O acceso a esta colaboración SERÁ INCOMPATIBLE coa solicitude e recepción de axudas para deportistas galegos/as  para a súa participación en probas internacionais 2026.

Quizáis che interese…