CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, FÓRA DA FINAL DA COPA DO MUNDO DE PENTATLÓN MODERNO DE EXIPTO POR SÓ UN PUNTO

3 de Abril de 2014

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo quedou fóra da gran final da Copa do Mundo de Pentatlón Moderno de El Cairo (Exipto) por só un punto, ao rematar na 37 posición da clasificación final tralas semifinais disputadas hoxe. O galego chegaba a esta competición renqueante, despois dunha caída do cabalo adestrando, e iso notouse na proba.

As primeiras noticias que chegaban do Cairo eran positivas, xa que o pentatleta galego comezou con bo pe a proba: Foi o noveno mellor na esgrima e despois rematou na décimo cuarta posición a natación cun tempo de 2:07, algo máis frouxo do habitual nel. Pero na combinada afundiuse e so logrou a 22ª posición, o que lle fixo retroceder posicións ata rematar na 37 con 1.055 puntos. Para a final logran o pase os 36 mellores e o mexicano Manuel Padilla foi o 36, cun punto máis que o galego (1.056). Agora mesmo está de primeiro reserva e se houbese algunha baixa, podería entrar na final.

Hai que recordar que Cristóbal hai dúas semanas sufriu unha forte caída do cabalo e leva dúas semanas sen poder adestrar. Deuse un bo golpe na cadeira e nas costas e ten importantes molestias polo que os médicos decidiron facerlle probas para descartar unha fractura por stress, que finalmente non existe.

Quizáis che interese…