GÓMEZ NOYA COMEZA A DEFENSA DO TÍTULO MUNDIAL EN AUCKLAND ESTA FIN DE SEMANA

3 de Abril de 2014

O galego Javier Gómez Noya comezará esta fin de semana en Auckland (Nova Zelandia) a súa defensa do título de campión do mundo 2013, na primeira proba das Series Mundiais 2014.

Javi enfronta a proba con boas sensacións, despois do segundo posto acadado hai un días na Copa do Mundo de New Plymouth,  por detrás de Mario Mola, que foi máis rápido nos últimos metros. Ademais Auckland é unha cita máxica para Gómez Noya. No 2013 logrou a cuarta vitoria nesta cidade de Nova Zelandia, por diante precisamente de Mario Mola.

Pero a primeira proba das Series Mundiais de 2014 non será precisamente sinxela, xa que contará cos mellores: Xunto a Gómez Noya estará Mario Mola (espectacular no inicio da tempada), Jonathan Brownlee (que ten ganas de revancha) ou Joao Silva (terceiro en New Plymouth). E sen esquecer a Fernando Alarza, agora membro do Grupo de Alto Rendemento do CGTD, e que estivo a só un paso do podio nesta Copa do Mundo. E por último destacar a participación de Iván Raña que, a pesar de que está centrando a súa preparación na longa distancia, non deixa de lado as Series Mundiais.

A proba de Auckland celebrarase na distancia olímpica, é dicir, 1,5 quilómetros de natación, despois realizaron 40 quilómetros de bicicleta (un circuíto bastante duro) e finalizarán cunha carreira a pe de 10 quilómetros.

As Series Mundiais contarán este ano con oito probas e ademais hai que destacar que Madrid caeu do calendario. As probas serán: Auckland, Cidade do Cabo, Yokohama, Londres, Chicago, Hamburgo, Stockholm e Edmonton (a gran final).

Quizáis che interese…

O Anillo Cáceres

O Anillo Cáceres

Esta fin de semana celébrase no Anillo (Cáceres) as competicións nacionais e internacionais de...