ESPECTACULAR SEGUNDO POSTO DE IVÁN RAÑA NO IRONMÁN DE LANZAROTE, CON SALETA CASTRO NA CUARTA POSICIÓN

26 de Maio de 2018

Un espectacular Iván Raña acadou hoxe a segunda posición no Ironmán de Lanzarote, no que tamén brillou con luz propia Saleta Castro, que foi cuarta na proba feminina.

Na categoría masculina, Iván estivo sempre entre os primeiros clasificados. Peru Alfaro lideraba a proba tras realizar os 3.800 metros de natación, e Iván  atopábase no cuarteto que ía tras el. E no ciclismo, sempre estivo entre os primeiros, ata que no quilómetro 107 logrou colocarse segundo, por detras de Alesandro Degasperi. E dende aquí xa non houbo cambios nas primeiras posicións.

Degasperi chegou a segunda transición con 4,12 de distancia sobre Iván Raña e o italiano non tivo problemas en manter as distancias na maraton final. O tempo final do italiano foi de 8:52:16. Pola súa banda, Raña tamén foi quen de medir as súas forzas e chegar a meta na segunda posición cun tempo final de (8:58:37).

Saleta Castro. Saleta foi de menos a máis para rematar cunha impresionante carreira a pe, na que remontou dúas posicións e acadou o mellor tempo de todas as participantes.

Saleta saíu da auga na cuarta posición e foi na bicicleta onde máis sufriu. No quilómetro 60 ía na novena posición, pero a partir de aquí comezou a súa remontada. Chegou á T-2 na sexta posición e na maratón final estivo imparable ata lograr a cuarta posición cun tempo final de 10:04:26. A vitoria en Lanzarote foi para Lucy Gossage, cun tempo de 09:49:27.

 

Quizáis che interese…