GUSTAVO RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE MEDIA DISTANCIA CON IÑAKI PENA-MANSO EN SEGUNDA POSICIÓN

27 de Maio de 2018

Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou hoxe en Guadalajara revalidar o título de campión de España de Tríatlon de Media Distancia, cun segmento de bicicleta espectacular. Ademais, Iñaki Pena-Manso logrou a segunda posición, tras unha moi boa remontada.

Gustavo so perdeu dos minutos nos 1.900 metros de natación e a partir de aí comezou a súa exhibición. Os 88 quilómetros de ciclismo foron absolutamente decisivos xa que Gustavo estivo a un nivel altísimo que lle permitiu sentenciar a proba. O tudense chegou á segunda transición con 7:40 sobre Dani Mújica (madrileño do Tri-Penta Terras de Lugo). Aínda quedaban 21 quilómetros de carreira a pe, pero só unha desgracia podía impedir o triunfo de Gustavo.

Así, o galego finalizou a proba case nun paseo e chegou a meta cun tempo final de 3:58:43, mentres que segundo foi Iñaki Pena-Manso, que veu remontando, para lograr o subcampionato de España (4:07:49). Xa o pasado ano houbera dobrete galego, con Gustavo como campión e Pablo Dapena, prata. A terceira posición foi para Dani Mújica cun tempo de 4:08:03. Hai que destacar o abandono de Cristóbal Dios (Tri-Penta) a falta de escasos quilómetros para o final, cando ía na segunda posición.

 

http://www.sailkapenak.eus/live/guadalajara.html

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...