Faite voluntario da Gran Final das Series Mundiais de Pontevedra

21 de Abril de 2023

Pontevedra acollerá do 20 ao 24 de setembro a cita máis importante do tríatlon mundial, a Gran Final das Series Mundiais. Para garantir o correcto funcionamento do evento, a organización contará con máis de 500 voluntarios que participarán nas diferentes áreas de traballo previstas para o voluntariado: loxística, secretaría e acreditacións, apoio á dirección da carreira, protocolo e ceremonias, comunicación e prensa.

Os voluntarios estarán moi preto dos deportistas e serán unha peza de gran importancia na realización do evento. O requisito para poder exercer como voluntario é ser maior de 16 anos e, no caso de ser menor de idade, necesitará a autorización dun titor legal.  O voluntariado terá garantida a manutención e equipamento, ademais dos seguros e certificados de participación.

Os interesados poderán anotarse a través desta ligazón.

Quizáis che interese…