SUSANA RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ NUNHA PROBA MUNDIAL DE PARATRIATLON EN SUDÁFRICA

17 de Marzo de 2016

A viguesa Susana Rodríguez participará o domingo 20 de marzo na proba mundial de Paratriatlon de Buffalo City (Sudáfrica). É un torneo moi importante para Susana xa que cun terceiro posto pode confirmar a súa clasificación matemática para os Xogos Paralímpicos de Río deste verán.

As distancias da proba serán as habituais (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe). Susana, xunto á súa guía Mayalen Noriega, tentará acadar un bo posto que lle dea a confirmación da súa presenza en Río para enfrontar o resto da tempada con tranquilidade e preparando esta cita.

Na proba de Buffalo City haberá unha gran competición, xa que Susana enfrontarase as mellores coma Alison Patrick (Gran Bretaña), Melissa Reid ou Joleen Hakker (Holanda). Neste evento mundial de paratriatlon so falta a actual campioa do mundo, a australiana Katie Kelly.

Quizáis che interese…