GUSTAVO RODRÍGUEZ DEFENDE O TÍTULO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE MEDIA DISTANCIA EN GUADALAJARA

25 de Maio de 2018

Mañá sábado 26 de maio celebrarase en Guadalajara o  Campionato de España de Tríatlon de Media Distancia (14:00 horas), con varios deportistas galegos entre os inscritos. Entre eles destaca Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) que defende o título. As distancias neste campionato de media distancia serán de 1.900 metros de natación;  88 quilómetros de bicicleta e finalizarán con 21 quilómetros de carreira a pe.

O tudense Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) parte coma un dos favoritos para loitar polo título, despois de superar os problemas físicos que lle impediron comezar a tempada ao máximo nivel. Ademais, tamén participarán os galegos Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), con opcións de loitar polos primeiros postos; Ismael López (Cidade de Lugo Fluvial) ou Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial). En todas as probas programadas, haberá unha participación de case mil deportistas.

Ano 2017. Dobrete galego no Campionato de España de Tríatlon de Media Distancia 2017, que se celebrou en Pamplona. Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamouse campión de España, mentres que Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) foi segundo con dúas grandísimas actuacións dos nosos deportistas.

 

 

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....