VI TRÍATLON PORRIÑO-TUI: SUSPENDIDA

24 de Maio de 2018

Suspéndese a proba VI Tríatlon Concello do Porriño-Tui debido ó acontecido no día de onte en Tui.

COMUNICADO ORGANIZACIÓN DA PROBA:

Estimados amig@ s, lamentablemente vémonos na necesidade de suspender o Tríatlon do sábado día 26 de maio, como consecuencia dos terribles feitos acaecidos na tarde de onte en Tui. Loxicamente, e como non podería ser doutra maneira, o Concello de Tui decretou tres días de loito oficial. Toda a nosa solidariedade cos afectados polo lamentable suceso e desde agora mesmo poñémonos a traballar para a procura de alternativas da celebración da proba en datas mais adecuadas.

ENLACE COMUNICADO:

http://triatlonconcellodoporrino.com/

 

DEVOLUCIÓNS: *O custo das inscricións será devolto ó longo da vindeira semana, a devolución farase a través da TPV á mesma tarxeta que fixo o abono.

 

FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

Quizáis che interese…

Dúatlon de Reis 2022

Dúatlon de Reis 2022

👟 DÚATLON DE REIS (Clasificacións oficiais xa dispoñibles) A duatleta do Tríatlon Ferrol María del...