INÉS CASTAÑO E SUSANA RODRÍGUEZ REPRESENTARÁN A GALICIA NO EUROPEO DE DÚATLON EN SORIA

27 de Abril de 2017

Esta fin de semana Soria acollerá o Campionato de Europa de Dúatlon 2017, unha cita na que Galicia contará coa presenza da júnior Inés Castaño (Arcade Inforhouse) e da paratriatleta Susana Rodríguez (Mar de Vigo).

A moza Inés Castaño brillou a principios de mes na Vall d’Uixó, onde consolidou a boa progresión que vén ofrecendo, subindo ao máis alto do podio para coroarse campioa de España júnior de dúatlon. Á primeira hora deste sábado 29 de abril, a deportista do Arcade Inforhouse  enfrontarase a algunhas das mellores duatletas da súa modalidade, entre as que figuran Delia Sclabas (vixente campioa do mundo júnior). Por diante, un primeiro segmento de 5 km de carreira, seguidos de 18,75 km ciclistas e un sector final de 2,5 km de carreira a pe.

A partir do mediodía sairán a escena as diversas categorías de paradúatlon, onde Susana Rodríguez buscará subir ao máis alto do podio en PTVI, tras a vitoria obtida en 2016 no Campionato do Mundo da especialidade celebrado en Avilés. En está ocasión a paratriatleta olímpica estará acompañada por Marina González, deportista do Tri-Penta Terras de Lugo, que guiará a Rodríguez polos percorridos da denominada “cidade dos Poetas”. Por diante uns circuítos formados por 5 km iniciais de carrea a pé, tres voltas ciclistas ata completar 18,75 km e tras saír da T2, restarán 2,5 km finais de carreira.

Quizáis che interese…