O SÁBADO 29 DE ABRIL CELEBRARASE EN MASIDE A FINAL PROVINCIAL DE OURENSE

27 de Abril de 2017

O sábado 29 de abril (a partir das 16:00 horas) celebrarase en Maside a final provincial de Ourense do programa “Xogade” de Dúatlon Escolar 2017 coa participación de preto de 50 deportistas, que buscarán a clasificación para o Galego, que se celebrará en Tomiño o día 13 de maio.

A final provincial de Ourense celebrarase en Maside coa participación de 13 benxamíns, 13 alevíns, 9 infantís e 9 cadetes). A saída, transición e meta estarán situadas xunto ao Pavillón Municipal de Deportes.

As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil,1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

O programa de Dúatlon Escolar consta de cinco probas locais ou zonais (Fene, Mondoñedo, Lugo, Santiago e Maceda) nas que se clasificaron para as fases provinciais e aquí lograrán o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...