ISMAEL LÓPEZ E AIDA GARCÍA, CAMPIÓNS DO I TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS

18 de Xuño de 2016

Ismael López (Tríatlon Vilagarcía) e Aída García (Olímpico de Vedra) proclamáronse hoxe campións da primeira edición do Tríatlon Popular Concello de Cambados, no que participaron 200 triatletas.

Na categoría feminina, Cristina Torres (Mar de Vigo) comezou mandando con facilidade, cunha natación moi boa, pero Aída García (Olímpico de Vedra) foi remontando pouco a pouco, para na carreira a pe, confirmar o dominio absoluto. Así, primeira posición para Aída García (01:09:36), prata para Cristina Torres (01:12:19) e bronce para Ángela Chapela (Olímpico de Vedra (01:18:25).

Na proba masculina, o triunfo foi para Ismael López, que foi o máis regular de todos os competidores, facendo o segundo mellor parcial na natación e na bicicleta, e sendo o terceiro mellor na carreira a pe. Así logrou a vitoria cun tempo de 59:22, mentres que segundo foi Agustín Ríos (Tríatlon Poio) cun tempo de 01:00:39 e o bronce para Antonio Gómez (Natación Riveira).

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.