JAVIER GÓMEZ NOYA, IMPARABLE NO TEST OLÍMPICO DE RÍO

2 de Agosto de 2015

Triunfo inapelable de Javier Gómez Noya  no Test Olímpico, que se celebrou hoxe en Río. Foi unha vitoria excepcional, fronte aos mellores triatletas do mundo e na que o galego estivo sempre ben colocado e atacou na carreira a pe para chegar en solitario á liña de meta. Tamén hai que destacar a undécima posición de Fernando Alarza, que veu remontando dende o segundo grupo e logrou un magnífico posto.

 

Gómez Noya amosou a súa veteranía en todo momento. Sempre estivo onde quería, controlando a carreira dende as primeiras posicións. Sabe Javi o importante que é non quedar descolgado na bicicleta, porque despois recuperar o tempo perdido é moi complexo. Así saíu entre os primeiros das quentes augas da praia de Copacabana, tras facer 1.500 metros, e logrou crear un grupo de cabeza formado por 11 deportistas que foi abrindo oco a medida que caían os quilómetros. Como compañeiros de escapada deportistas de renome coma Alistair Brownlee, Richard Varga, Vicent Luis, Royle, Schoeman… Por detrás, no segundo grupo, Fernando Alarza e o resto de españois (Mario Mola, Cesc Godoy o David Castro).

 

O grupo cabeceiro, que foi perdendo compoñentes, traballaba moi forte, sabedor de que si chegaban á última transición cunha distancia importante o vencedor sería para un dos seus integrantes. O primeiro grupo arribou á T2 con 1 minuto e 40 segundos sobre o segundo.

 

A proba tiña un certo parecido co que sucedeu a última proba das Series Mundiais en Hamburgo. E cando comezou a carreira a pe, a semellanza comezaba a ser preocupante: Gómez Noya e Vincent Luis decidiron marcar un ritmo moi alto que ningún outro deportista puido aguantar. Así, na primeira volta ambos deportistas ían xuntos, pero o ferrolán decidiu non esperar ao sprint final, no que en principio é mellor o francés. Na segunda volta Javi atacou e deixou atrás a Luis, que non puido engancharse ás costas do galego. Aínda quedaban moitos quilómetros por diante, pero Gómez Noya seguiu con ritmo moi alto e constante que lle permitiu chegar a meta en solitario e celebrar o triunfo (01:48:26). A segunda posición foi para Vincent Luis (a 14 segundos) e terceiro, Richard Murray (a 35 segundos). Destacar as remontadas de Mario Mola (7º, 01:49:37) e Fernando Alarza (11º, 01:50:04), que viñeron remontando posicións dende o segundo grupo.

www_triathlon_org_results_result_2015_rio_de_janeiro_itu_wor

 

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....