Susana Rodríguez, cuarta no Test Olímpico de Río

1 de Agosto de 2015

A viguesa Susana Rodríguez Gacio, xunto coa súa guía Mayalen Noriega, rematou na cuarta posición do Test Olímpico na categoría PT-5 de paratriatlon, que se celebrou hoxe en Río coa participación das mellores paratriatletas do mundo.

As dúas británicas Melissa Reid e Alison Patrick dominaron a proba dende a natación e quedou claro que a vitoria estará entre elas, mentres que Susana competiu pola terceira posición ata o final. Nesa loita a galega tivo que enfrontarse á holandesa Joleen Hakker e a estadounidense Patricia Walsh. Ambas partían con 3 minuto e 48 segundos de vantaxe, polas compensacións marcadas polo regulamento. Así, a loita foi pechada ata o final coa estadounidense e finalmente o bronce foi para Walsh. O triunfo foi para Patrick (01:09:13), mentres que segunda foi Reid (01:10:15) e bronce para Walsh (01:11:44). Susana Rodríguez chegou cun tempo final de 01:12:14. Finalmente Hakker foi descualificada.

Unha proba importante para Susana que segue na loita para acadar a clasificación para os Xogos Paralímpicos de Río, que serán os primeiros da historia.

www_triathlon_org_results_result_2015_rio_de_janeiro_itu_wor

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...