MÁIS DE CATROCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO II DESAFÍO ILLAS CÍES

11 de Setembro de 2014

Máis de catrocentos deportistas (410) participarán o domingo 14 de setembro (08:15 horas) na segunda edición do Desafío Illas Cíes, unha proba singular polas distancias e polo entorno no que se desenvolve.

As distancias da proba son 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de bicicleta e 21,1 de carreira a pe. Unha das principais características da proba é que descorrerá por un circuíto espectacular. Os 1.900 metros de natación realizaranse na ría de Vigo, con saída dende a praia do Vao. Posteriormente o circuíto de bicicleta descorrerá entre Vigo e a Ramallosa, na estrada xunto á costa, o que permitirá gozar cunha paisaxe impresionante e para rematar unha media maratón a pe, tamén por unha contorna moi especial con parte de costa e chegando ata o paseo do Lagares.

Hai que recordar que no ano 2013 gañaron esta proba Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo). Esta será a terceira proba de media e longa distancia que este ano se celebra en Galicia (Campionato Galego de Media Distancia, que tivo lugar na cidade da Coruña, e o Galego de Longa distancia nas Pontes).

 

 

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....