A Comisión Xestora da FEGATRI tomou a decisión de suspender o Campionato Galego de Tríatlon Por Relevos de Clubs, por desacordos de última hora co organizador.
Por elo, a que ía ser a primeira edición do Campionato non se celebrará neste 2014 e a Federación tampouco da cobertura á proba popular que o día 4 de Outubro se celebrará en Pontenafonso, nin o seguro deportivo cubrirá esa proba, polo que o organizador deberá ter un seguro específico para todos os deportistas (federados ou non) que participen no mesmo (seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil).
Comisión Xestora
Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno