ENRIQUE MORÁN E MARÍA MARTÍNEZ, VENCEDORES DO AVIAMÁN 2017

11 de Xuño de 2017

María Martínez (Atletismo Porriño) e Enrique Morán (Atletismo Porriño) proclamáronse hoxe vencedores do Aviamán 2017, a primeira proba de media distancia que se celebrou en Galicia e que mantén un encanto especial para os seus participantes, tanto polo fermoso entorno, como polo cariño do público.

Día moi agradable, aínda que no terceiro segmento comezou a notarse a calor e a temperatura da auga moi agradable (17 grados). Na categoría feminina houbo unha dura pugna entre María Martínez e Blanca Labandeira (licenza  dun día) polo triunfo. Comezou mandando María na natación, pero na bicicleta Blanca Labandeira logrou pillala e correr unha curta distancia duns segundos. Pero aínda faltaba moito por diante: 14 quilómetros e xa con moita calor, onde novamente María tomou o mando para concretar a súa vitoria cun tempo final de 4:22:38. A segunda posición foi para Blanca Labandeira (4:24:07) e terceira foi Iria Campos (Artrogal TRi-498) cun tempo de 4:32:07.

Na proba masculina, triunfo para Enrique Morán, que foi de menos a máis. O triatleta do Porriño fixo un tempo discreto na natación, pero no esixente tramo de bicicleta fixo o segundo mellor parcial e rematou sendo o máis rápido na carreira a pe, para así pechar o seu triunfo cun tempo de 3:30:14. A segunda posición foi para Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) cun tempo de 3:32:26, mentres que terceiro foi Moisés Leboso (Atletismo Porriño) con 3:34:46.

Aviaman 2017 Clasificacions

 

Quizáis che interese…