O domingo 25 de xuño (07:15 horas) celebrarase en As Pontes o NorthWest Triman 2017, que contará cunha proba da distancia Ironmán -que será ademais a cuarta edición do Campionato Galego de Longa Distancia-, así coma unha proba de media distancia. En total, máis de 620 deportistas entre as dúas probas, nun novo recórd de participación que ademais se cubriu en só 24 horas.
As Pontes repite como escenario do Campionato Galego de Longa Distancia, no que os participantes terán que facer 3,8 quilómetros de natación no Lago das Pontes, o lago artificial más grande de Europa. Posteriormente, tomarán a bicicleta para recorrer os 180 quilómetros da proba (sen drafting), que unirá as localidades de As Pontes e Vilalba. E rematarán cos 42,2 quilómetros de carreira a pe, no entorno do lago. Éste é o único tríatlon da distancia Ironmán que se celebra en Galicia.
Ás 07:15 horas comezará a proba de media distancia (1,9 – 90 – 21) con 310 triatletas inscritos, mentres que ás 07:30 horas darase á saída aos 310 deportistas que enfrontarán a longa distancia, cunha altísima presenza de triatletas de fóra de Galicia (máis do 50%). A pesar das altísimas temperaturas que viviu Galicia nestes últimos días, parece que o domingo haberá un pequeno respiro con temperaturas suaves (se se cumpren as previsións meteorolóxicas).
Estará defendendo o título de campión galego de longa distancia 2016, Enrique Morán (Atletismo Porriño); así coma Cristóbal Dios (na media distancia), que o pasado ano foi segundo nesta mesma distancia. Na categoría feminina, Sonia Pariente (campioa galega de longa distancia do pasado ano) competirá na proba de media distancia, mentres que Mónica Mezquita (NoSportLimit) ou Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial) disputarán o “Ironmán galego”.
2016. Enrique Morán (Atletismo Porriño) e Sonia Pariente (GV Sports Club) proclamáronse o pasado ano en As Pontes campións galegos de longa distancia no NorthWest Triman 2016.