O DOMINGO 20 DE MARZO, DÚATLON CONCELLO DE ARTEIXO CON MÁIS DE 250 INSCRITOS

17 de Marzo de 2016

O 20 de marzo Arteixo acollerá a cuarta proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada, o I Dúatlon Concello de Arteixo coa participación de máis de 250 deportistas e un nivel deportivo espectacular. Ademais, tamén se celebrará unha proba popular.

A saída, transición e meta estarán instaladas no Campo de Fútbol de Arteixo e as distancias son de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira. Cunha altísima participación haberá dúas saídas masculinas (11:00 horas – sen corte-  e 12:30), mentres que a proba feminina comezará ás 12:40 horas. Na proba popular (10:00 horas) as distancias serán máis curtas (2,5 quilómetros de carreira a pe, 10 de bicicleta e 1,5 de carreira a pe)

Destaca a magnífica participación con nomes de deportistas que incluso participaron en Series Mundiais. O Tríatlon Arteixo presenta un equipo moi potente e entre os inscritos podemos destacar a Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo), Brais Misa (Atletismo Porriño), Enrique Morán (Atletismo Porriño), Andrés Cendán (Cidade de Lugo), Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol), Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), Francisco Cendán (Talleres David Tríatlon Compostela), César Ramiro Saracho (Tríatlon Arteixo), Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), José Ricardo Vega (Tríatlon Arteixo) ou Luismi Velasquez (Tri-Penta Terras de Lugo). Na categoría feminina, tamén hai destacadas deportistas coma Joselyn Brea (Tru-Penta Terras de Lugo), Camila Alonso (Tríatlon Ferrol), María Martínez (Atletismo Porriño), Marta Barbeito (A.D. Fogar), Sonia Pariente (GV Sports Club) ou Sara Guerrero (Tríatlon Ferrol), entre outras.

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Santiago, Riveira, Arteixo e Vigo. En xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon (18 prazas en cada proba do circuíto). Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon) e Cristina Torres (Mar de Vigo) proclamáronse gañadores do X Dúatlon Concello de Guitiriz. Na segunda proba, disputada en Santiago, venceron Alberto Castiñeira e Inés Castaño, ambos do Arcade. Carla Castaño (Arcade Inforhouse) e Rubén Caamaño (Artrogal-Tri 498) proclamáronse vencedores do I Dúatlon Concello de Riveira Memorial Jesús e Vicente.

Quizáis che interese…