O XIV TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA CONTARÁ CON CASE 400 PARTICIPANTES

10 de Xullo de 2014

Pontevedra converterase o sábado 12 de xullo na capital do tríatlon galego coa celebración do XIV Tríatlon Cidade de Pontevedra, clasificatorio para o Campionato Galego, e o tríatlon de menores. Ambas probas reunirán en total a  preto de 600 deportistas.

A cita comezará as 11:00 horas coa disputa do Tríatlon de Menores de Pontevedra, no que están inscritos 180 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. As distancias serán diferentes, dependendo da categoría: Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.);  infantil (300 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (500 m. -10 qm. – 3 qm.). O circuíto galego de categorías menores está formado por dúas probas: Ferrol (21 de xuño) e Pontevedra (12 de xullo), mentres que a Final Galega será en Viveiro o 20 de xullo.

Cidade de Pontevedra. A proba de elite feminina comezará as 17:50 horas, mentres que haberá dúas saídas masculinas: A primeira será ás 16:30 horas e a masculina A sairá ás 18:00 horas. As distancias serán de 750 metros de natación, 20 de bicicleta e 5 de carreira a pe, mentres que a saída, meta e transición estarán ubicadas na Avenida de Buenos Aires (xunto á Ponte dos Tirantes).

Haberá unha destacada participación con deportistas coma Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo), Fabián Ubeira (Motobike), Cristóbal Dios (Galaico Cidade de Pontevedra), Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) ou Roberto Abraham Castellanos (Muralla de Lugo), mentres que na feminina contaremos con Diana Cotón (Arcade Inforhouse), Iris Soto (Galaico), Joselyn Daniela Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Marina González (Terras de Lugo). Ademais celebrarase unha proba popular (15:30 horas) con distancias menores 300 metros – 40 quilómetros – 2,5 qm.).

Quizáis che interese…