Oferta de Emprego- Xestión de comunicacion e marketing da federación

21 de Novembro de 2022

OFERTA DE EMPREGO PARA A XESTIÓN DA COMUNICACIÓN E MARKETING DA FEDERACIÓN

Buscase unha persoa altamente motivada,  para posto enfocado á xestión de redes sociais,mantemento da páxina web, e prensa da Federación.

Valoraranse os seguintes aspectos :

  • Dispoñibilidade para viaxar e traballar as  fins de semana.
  • Experiencia en Comunicación audiovisual, novas tecnoloxías, vídeo, fotografía, xestión de RRSS e web. Creación e programación de contidos. (Photoshop, Illustrator, Premier, Indesign, wordpress)
  • Grao en Publicidade, Relacions Publicas e Marketing, ou estar en disposición de rematalo.
  • Experiencia no manexo de ferramentas   de xestión e edición de contidos audiovisuais, canales de creación, xestión, analise e medición de contidos para RRSS
  • Iniciativa e autonomía personal. Habilidades para desenvolver campañas deportivas.
  • Capacidade de análise e avaliación de características organizativas de eventos deportivos. Coñecemento do Tríatlon e Péntatlon Moderno e a súa evolución.
  • Habilidades de comunicación con persoas de distintas edades e culturas
  • Dominio do galego e inglés falado e escrito. Outros idiomas.

Aquelas persoas interesadas na praza ofertada poderán dirixir a súa proposta á seguinte dirección de correo electrónico  info@fegatri.org xuntando o seu Curriculum Vitae adxunto ao documento de protección de datos anexo,  acreditacións correspondentes e carta de motivación, ata o próximo 27 de novembro de 2022.

Documento Protección Datos anexo  incorporación CV a ficheiro FEGATRI

 

 

Quizáis che interese…