Despóis dos Xogos Olímpicos de Tokio, o millor tríatlon do mundo chega ás dúas últimas probas coas Series Mundiais de Montreal e Edmonton. O galego Antonio Serrat é a opción do equipo español.
Un novo formato de eliminación con probas moi rápidas, espectaculares para o público e durísimas para todos os triatletas. O venres e o sábado fixéronos disfrutar dun novo formato de tríatlon, onde o galego estivo sempre loitando polas primeiras posicións, nun final de carreira rapidísimo, onde entrou na quinta posición por detrás do equipo francés que acadou as tres primeiras posicións do podio (Dorian Coninx, Vincent Luis e Léo Bergere).
Antonio Serrat acadou a clasificación para a final o primeiro día, despóis de dúas durísimas probas e traballou moi forte na serie final, para conseguir a súa millor clasificación nunha Serie Mundial. Un quinto posto que permite facernos soñar nun novo triatleta galego entre os millores do Mundo.
Ahora toca recuperarse desta dura experiencia e poner o punto final a unha grandísima temporada na Gran Final de Edmonton.