Acordos Comisión Delegada de 16 de agosto

16 de Agosto de 2021

A Comisión Delegada reunida por vía telemática o 16 de agosto, ás 21:30  toma os seguintes acordos en relación aos calendarios e regulamentos.

-Modificacións de calendario

28 de agosto.- Campionatos Galego de Acuatlón Menores en Cedeira para as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Así mesmo, a proba é puntuable para  o Circuíto Mozo para as categorías cadete, xuvenil e junior (esta última  disputa o seu título en Poio)

11 de setembro- Campionato Galego de Acuatlón  Absoluto,junior, sub23 e Veterano- Combarro (Poio)

26 de setembro- Triatlón Cros Concello de Miño (Popular con licenza  de 1 día de acordo ao recén aprobado regulamento de licenzas)

26/06/2022   Aprobacion provisional  da data para 2022 do Northwest Triman MD e LD,  e autorización de apertura de inscrición no mes de outubro

-Restruturación regulamentaria

  1.       Cpto Galego de Tríatlon Pontevedra-Estrutura/Saídas- Aprobado o novo protocolo  realizaranse saídas conxuntas de cada proba (masculina, feminina e relevos) Realizaranse test de antíxenos a todos/as deportistas en horario de 12:00 h. a 15:00 h. o día da proba.
  2.       Ranking de Clubs- Acórdase engadir o  C.G. Tríatlon Remudas ao ranking de clubs aprobado.

 

Quizáis che interese…